Volven os petiscos inspirados en Europa con produto da provincia, volve Degusta Europa!
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Este luns a Deputación de Pontevedra celebra o Día de Europa. Conmemórase a histórica declaración de Schuman en 1950, na que propuxo a idea dunha nova forma de cooperación política que garantise a paz e a unidade no vello continente: o xerme da Unión Europea.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou o programa "Degusta Europa" que espallará gastronomía europea con produtos da provincia por seis prazas e mercados municipais durante o mes de maio para celebrar o Día de Europa.
Será no Grove, o día 12; en Mondariz o 19; Pontevedra o 20; Gondomar o 24; Vigo o 26 e finalmente na Guarda o 31 de maio.
Ao acto asistiron os responsables dos CIFP Carlos Oroza e Manuel Antonio, os alcaldes do Grove e A Guarda e a concelleira de promoción económica de Pontevedra que coincidiron en salientar a importancia de seguir construíndo unha Europa do progreso e as portas que abre a gastronomía, coas escolas como aliadas e cos mercados e o produto no centro.
Carmela Silva incidiu en que Europa é un gran proxecto de dereitos e que "temos que defendela nestes momentos críticos e imos poñer en valor o que supón" e "celebrámola con gastronomía nos mercados, un elemento tradicional que debemos conservar, e reivindicando a sostibilidade".
Rubén Otero, CIFP Manuel Antonio asegurou que "a mellor estratexia para potenciar os nosos produtos é a cooperación entre institicións" e Manuel Hermo do CIFP Carlos Oroza engadiu que "cando os intereses se aliñan, como imos dicir que non? Ningún outro ente provincial potencia tanto a gastronomía".
Relacionadas:
-
Sabores de República Checa, Países Baixos, Bélxica e Irlanda inundan o mercado de Pontevedra
Por Redacción & Diana Eiras |
-
"Degusta Europa" repartiu preto de 800 tapas no mercado do Grove
Por Redacción |
-
19 bares e cafeterías aspiran a ofrecer o 'Mellor Almorzo de Pontevedra'
Por Diana Eiras & Redacción |
-
Rubén González, de El Cafetín, autor da mellor tapa de Galicia
Por Redacción |
-
Ao rico tapeo para demostrar o "alto nivel" da cociña en miniatura de Galicia e a Boa Vila
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |