Un xurado popular xulgará un mozo por matar a coiteladas ao noivo da súa nai
Por Oskar Viéitez
Un xurado popular resolverá se Francisco A.M, veciño de Cangas, de 22 anos, é culpable do homicidio dun garda civil retirado, compañeiro sentimental da súa nai.
A sección segunda da Audiencia provincial de Pontevedra sinalou o xuízo para este martes, 19 de novembro de 2013.
Segundo o Ministerio Público o acusado encóntrase afectado por un "transtorno orgánico da personalidade", a cal lle afecta de forma tal á súa actuación, que "se ben non lle impide comprender o alcande dos feitos, non pode actuar conforme á devandita comprensión, de forma que non pode controlar a forma na que actúa para expresar as súas emocións, necesidades e impulsos".
Segundo o escrito de acusación, "neste estado mental", Francisco, o día 8 de xaneiro de 2011, cando se encontraba no domicilio da súa nai, na localidade de Cangas, en torno ás 16.15 horas, cando se encontraba na cociña "colleu un coitelo co que coa intención de causar a morte do compañeiro sentimental da súa nai, Jorge Fernández Silvoso, sen formulación previa debido ao seu estado mental e sen que mediase discusión previa e de forma súbita acometeu a este cravándolle en reiteradas ocasións o coitelo no colo".
O agredido, Jorge Fernández Silvoso, faleceu como consecuencia de shock hemorráxico por sección da arteria carótica, producíndose a morte entre 2 e 10 minutos tras a agresión.
Fernández Silvoso, de 60 anos de idade, subtenente na reserva fora o comandante do cuartel da Garda Civil de Cangas.
O falecido tiña tres fillos.
Concorre como agravante a circunstancia mixta de parentesco, ademais da circunstancia eximente de alteración psíquica.
A Fiscalía pide para o acusado a medida de seguridade de internamento en centro pechado axeitado ao transtorno que padece por tempo non superior a 13 anos.
Para os tres fillos do acusado a Fiscalía pide a cantidade de dez mil euros.
Relacionadas:
-
O TXSG aumenta a 16 anos a pena máxima do mozo que matou ao noivo da súa nai
Por Oskar Viéitez |
-
O xurado declara culpable o mozo que matou a coiteladas o noivo da súa nai en Cangas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os forenses advirten que Francisco podería repetir un ataque como o que tivo cando matou o noivo da súa nai
Por Oskar Viéitez |
-
O mozo de Cangas acusado de matar o noivo da súa nai recoñece durante o xuízo ser o autor do crime
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |