A oposición lamenta o discurso "autocomplacente" dun Rueda que "representa o pasado"
Por Alejandro Espiño
Tras o discurso de investidura de Alfonso Rueda, as valoracións dos líderes da oposición non se fixeron esperar. Nin Ana Pontón nin Valentín González Formoso, como era de esperar, realizaron unha lectura positiva desta intervención.
A portavoz nacional do BNG asegurou que con este discurso comezou a "contra atrás" para que se produza un cambio de goberno en Galicia, para o que a propia Pontón preséntase como "alternativa" para ser unha presidenta "coas mans libres".
A dirixente nacionalista considera que a intervención o futuro presidente foi "autocomplacente", algo que se notaba, dixo, entre os propios deputados do PP "nos que había de todo menos entusiasmo".
"Foi un discurso desapegado dos problemas, sen idea de futuro e que representa o pasado", subliñou Ana Pontón, que reiterou que Galicia "necesita outras ideas para saír adiante".
Pola súa banda, desde as filas do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso sinalou que o discurso de Rueda ante a cámara autonómica foi "absolutamente autocomplacente" e apreciou que estivo "falto de ilusión e falto de mensaxe de futuro".
O secretario xeral dos socialistas galegos engadiu que a súa intervención parecía "de outra época" ao repetir cuestións como "familia, traballo e xuventude" e facelo sen abrir "oportunidades de futuro" en ningún deses ámbitos.
González Formoso lamentou que Rueda demostrase vivir no seu "mundo particular" ao dicir que a cidadanía está satisfeita coa atención sanitaria ou ao fiar o futuro económico de Galicia ao Camiño de Santiago.
Relacionadas:
-
Alfonso Rueda, o 'herdeiro' do legado que deixou Núñez Feijóo en Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
Alfonso Rueda, sexto presidente da Xunta de Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
Carmela Silva cre que o discurso de Rueda foi "antigo, aburrido e sen ideas" e Lores critica a "falta de perspectivas"
Por Oskar Viéitez |
-
Rueda promete "aprender leccións" de todos os seus antecesores para "mellorar o legado destes anos de goberno"
Por Alejandro Espiño |