Super Mario, Zelda e Pikachu pelexarán no Recinto Feiral no primeiro torneo nacional de Smash Bros en Galicia
Por Redacción
Pontevedra foi seleccionada por Smash Galicia para poñer en marcha, tras os peores momentos da pandemia, o primeiro torneo nacional de Smash Bros que se vai a realizar en Galicia. Esta competición promovida por Gaming Troop, asociación de vídeoxogos galega, conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e celebrarase a fin de semana do 27 e 28 de agosto no Recinto Feiral do Pazo da Cultura.
Será unha cita ineludible para os afeccionados a estes eventos lúdicos. A capacidade de participantes para xogar ao Super Smash Bros. Ultimate, segundo a organización, é de ata 256 prazas. Entre os invitados atoparanse Sisqui, AndresFn e Pepo, os tres xogadores que lideran o podio deste vídeojuego en España.
Para participar é necesario inscribirse a través da plataforma Smash.gg antes do 20 de agosto. As entradas terán un custo mínimo de 12 euros, dependendo da modalidade de xogo, individual ou en parellas. As primeiras 128 persoas que se rexistren antes do 31 de maio contarán cun desconto de dous euros.
O premio final estará composto polo bote recadado das inscricións ao que se sumarán 1.000 euros a dividir entre os oito primeiros clasificados, no caso do xogo individual. Este torneo estaba previsto para 2020 pero tívose que aprazar debido á aparición da pandemia.
Super Smash Bros Ultimate está considerado o xogo de loita definitivo de Nintendo Switch. Caracterízase por ser unha especie de museo vivente do vídeojuego das creacións de Nintendo. Personaxes como Super Mario, Zelda, Samus de Metroid, Donkey Kong ou Pikachu de Pokémon, entre outros moitos, combaten en variados escenarios procedentes do legado dixital da empresa xaponesa que, nesta ocasión, convida a outras da talla de SEGA ou Konami.