Atenden unha persoa intoxicada por fume tras un incendio que calcinou a súa cociña
Por Redacción
Unha persoa recibiu asistencia médica en Pontevedra tras resultar intoxicada por inhalar o fume procedente do incendio que se declarou na súa cociña, estancia que quedou completamente calcinada.
O suceso produciuse sobre as dez e media da noite deste xoves nunha vivenda da rúa Profesor Filgueira Valverde, segundo informou o 112 Galicia.
A vítima acudiu a un bar próximo á súa vivenda para pedir axuda.
Os Bombeiros de Pontevedra atenderon este incendio e sufocaron as lapas, mentres que a Policía Local coordinou o dispositivo de seguridade nas inmediacións do edificio.
Persoal sanitario do 061 atenderon á dona da vivenda no lugar dos feitos e, posteriormente, trasladárona ao Hospital de Montecelo.