Prognóstico de borrascas a partir do domingo nas Rías Baixas
Por Redacción
Este venres mantéñense as altas presións situadas ao norte da península Ibérica xerando circulación de ventos do nordés e as temperaturas oscilan entre os 13 e os 24 graos. Os ceos presentarán nubes de evolución pola tarde nas zonas de interior de Galicia, coa posibilidade dalgún simulacro de tormenta, segundo indica o servizo de Meteogalicia.
A partir deste sábado 13, as Rías Baixas situaranse nunha zona intermedia entre as altas presións localizadas nas Illas Británicas e unha baixa térmica peninsular, con entrada de aire cálido pero cun aumento significativo da inestabilidade atmosférica. As temperaturas moveranse entre os 13 e os 29 graos, coa posibilidade de chuvascos treboentos pola tarde, máis probables no sur e na zona este de Galicia. O vento soprará frouxo de dirección variable.
O domingo 14, unha borrasca irase penetrando ao noroeste de Galicia coa circulación de ventos do suroeste. Espéranse ceos máis nubrados canto máis ao oeste de Galicia, con choivas de carácter débil. As temperaturas mínimas manteranse en 14 graos mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso establecéndose nos 22 graos. Os ventos soprarán de compoñente sur moderados con intervalos fortes en toda a zona litoral.
A borrasca farase máis profunda a partir do luns ao penetrar polo Atlántico cara a Irlanda. Meteogalicia prognostica choivas débiles no litoral atlántico. As temperaturas manteranse nos mesmos valores que na xornada do domingo con ventos que soprarán de compoñente sur, fortes na costa e nas zonas altas, mentres que no resto circularán de maneira moderada.
A franxa atlántica continuará durante os primeiros días da semana das Letras Galegas ofrecendo unha maior probabilidade de precipitacións fronte ao tempo seco que se espera no resto de Galicia, con temperaturas que oscilarán entre os 11 e os 23 graos.