Carmela Silva, a presidenta provincial máis transparente de toda España

Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, é a líder provincial con maior grao de transparencia de España, segundo o estudo independente realizado por Dyntra, do que este sábado faise eco a institución pontevedresa.
Carmela Silva, que se sitúa no primeiro lugar de entre os titulares dos 52 Gobernos provinciais e insulares, alcanza un grao de cumprimento dun 91,43% nos indicadores avaliados pola axencia.
A porcentaxe de transparencia despréndese do cumprimento total de 32 dos 35 indicadores analizados por Dyntra. Así acreditouse que a presidenta da Deputación alcanzou un 100% de transparencia en información sobre o cargo, un 100% nos datos sobre o persoal de confianza, outro 100% na información económico-financeira, un 83% en comunicación pública e un 50% na participación e colaboración cidadá.
A mellora continua na transparencia tanto da Deputación de Pontevedra como da súa presidenta é un obxectivo destes últimos anos que agora culmínase con este primeiro posto. A institución provincial estaba nos últimos lugares do Estado cando no ano 2015 produciuse o cambio político á súa fronte. De feito, a puntuación que agora alcanza Carmela Silva, cun 91,43% de transparencia, supón un fito nos rankings de Dyntra, dado que a media entre os presidentes de España é dun 43,64%, é dicir, menos da metade.
Relacionadas:
-
A Deputación porá en marcha novas medidas para impulsar a transparencia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
David Regades considera unha boa nova a presidencia de Rueda porque é "un especialista en perder eleccións"
Por Redacción |
-
A Deputación critica o "caciqueo" da Xunta ao beneficiar de maneira "partidista" aos concellos gobernados polo PP
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva reclama transparencia na repartición dos fondos europeos por parte dos gobernos autonómicos
Por Redacción |
-
A Deputación de Pontevedra, entre as cinco máis transparentes de España
Por Alejandro Espiño |