Alfonso Rueda toma posesión como presidente da Xunta. "Tócame agora subir á ponte de mando"
Por Oskar Viéitez
Alfonso Rueda xurou este sábado o seu cargo como presidente da Xunta. "Tócame agora subir á ponte de mando" dixo no seu discurso consciente da súa nova responsabilidade tras "moitos anos na sala de máquinas".
Rueda tomou posesión do seu cargo nun acto que tivo lugar nun acto no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia, ante medio milleiro de invitados, entre os que se atopaban a ministra Yolanda Díaz, o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo ou a presidenta madrileña Díaz Ayuso.
Rueda arrincou o seu discurso citando ao pontevedrés Valentín Paz-Andrade, que se refería a "Galicia como tarefa" e identificouse como "un galego que ve nos seus compatriotas o mellor exemplo". O presidente da Xunta reivindicouse como "un fillo de Galicia" que tratará de "preservar" a esta comunidade das "tendencias de ruptura" e manter a "estabilidade" cun goberno asentado na "moderación".
"Creo nunha comunidade que se manteña a salvo da miopía do localismo e a fragmentación, que co ariete de supostos agravios carga contra a casa común e que tanto nos custou construír", dixo.
"Conozco, quiero y creo en una Galicia unida", haproclamou á vez que garantía que esta Comunidade "va a contribuir con lealtad al fortalecimiento de España y del proyecto común europeo".
Identificándose cun "galeguismo conciliador e inconformista", Alfonso Rueda citou aos seus antecesores no cargo, para subliñar que se dispón a "continuar o camiño" e prometer que "tentarei ser digno deste pobo que demostra todos os días que é capaz de realizar os seus soños", aseverou.
Prometeu facerse "cargo das lóxicas preocupacións dos galegos de hoxe e das incertas perspectivas dos galegos de mañá"
Tamén apuntou que está "libre de hipotecas", pero "cargado de débedas de gratitude" coa súa familia, co Partido Popular e cos cidadáns da Comunidade.
Filamente Alfonso Rueda emocionouse ao facer referencia ao seu pai, falecido e ao que bota de menos; á súa nai, que "todo o entende, todo o ampara", e á súa muller, "o mellor refuxio ante as decepcións", e ás súas fillas "o mellor recordatorio de que vale a pena traballar polo futuro de Galicia".
Relacionadas:
-
Alfonso Rueda, o 'herdeiro' do legado que deixou Núñez Feijóo en Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
O PP fixa para o 9 de xullo o seu congreso para elixir novo presidente provincial
Por Redacción |
-
Pontevedra márcalle a Alfonso Rueda o "camiño a seguir" para a quinta maioría do PP
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Luis López asume de xeito interino a dirección do PP de Pontevedra
Por Redacción |
-
Rueda defende a continuidade do Goberno: "O que funciona ben non debe tocarse"
Por Oskar Viéitez |
-
O presidente da Xunta nomea ao seu novo Goberno coa única novidade de Diego Calvo
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda, sexto presidente da Xunta de Galicia
Por Alejandro Espiño |