O presidente da Xunta nomea ao seu novo Goberno coa única novidade de Diego Calvo
Por Redacción
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou este domingo o decreto polo que se establece a estrutura dos órganos de Goberno da Xunta e que se publicará este luns no Diario Oficial de Galicia.
O novo Goberno galego manterá a estrutura de dúas vicepresidencias – a Vicepresidencia primeira será agora a económica - e nove consellerías, pero incorpora algunhas modificacións na configuración dos departamentos. Continuarán, ademais, os titulares de todas as consellerías, coa incorporación na Vicepresidencia segunda de Diego Calvo.
Entre outras novidades, Turismo pasa a depender da Presidencia da Xunta, "como mostra da prioridade que se lle dá a esta área para esta década Xacobea".
En materia económica, a Vicepresidencia primeira será a encargada de coordinar toda a acción do Goberno neste eido, así como a política industrial. Ademais, "no novo organigrama evidénciase a aposta pola xuventude e a formación profesional incluíndo as súas denominacións no nome das súas respectivas consellerías".
Cómpre recordar que, en tanto non se proceda ao desenvolvemento da estrutura deste decreto, os órganos superiores e de dirección existentes manterán a súa estrutura e funcións.
Así, a estrutura da nova Xunta estará conformada do seguinte modo e coa seguinte orde de prelación:
- Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: Francisco Conde López
- Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: Diego Calvo Pouso
- Consellería de Facenda e Administración Pública: Miguel Corgos López-Prado
- Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: Ángeles Vázquez Mejuto
- Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: Ethel Vázquez Mourelle
- Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: Román Rodríguez González
- Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade: María Jesús Lorenzana Somoza
- Consellería de Sanidade: Julio García Comesaña
- Consellería de Política Social e Xuventude: Fabiola García Martínez
- Consellería do Medio Rural: José González Vázquez
- Consellería do Mar: Rosa Quintana Carballo
Relacionadas:
-
Luis López asume de xeito interino a dirección do PP de Pontevedra
Por Redacción |
-
Rueda defende a continuidade do Goberno: "O que funciona ben non debe tocarse"
Por Oskar Viéitez |
-
Alfonso Rueda toma posesión como presidente da Xunta. "Tócame agora subir á ponte de mando"
Por Oskar Viéitez |
-
Alfonso Rueda, sexto presidente da Xunta de Galicia
Por Alejandro Espiño |