Novo mobiliario para a biblioteca da Casa de Cultura de Moraña
Por Redacción
O Concello de Moraña ten previsto inaugurar este venres 20 de maio o novo mobiliario que se instalou na biblioteca da Casa de Cultura.
O goberno local investiu neste asunto máis de 14.000 euros co obxectivo de dotar de maior modernidade e funcionalidade a un espazo moi usado polos veciños do municipio.
En concreto adquiríronse librerías de distintas tipoloxías, mesas de estudo e renovouse a zona infantil.
Ademais da inauguración prevista dentro do acto conmemorativo do Día das Letras Galegas, a programación da xornada inclúe a presentación do vídeo 'Os poemas de Florencio en Moraña', no que se falará da figura do poeta do Barco de Valderorras homenaxeado este ano xunto a unha actuación a cargo do cantautor Pablo Vila.