Un experto en ciberdelincuencia da Garda Civil explicará a pais e nais os perigos das redes sociais
Por Redacción
A Concellería de Benestar Social ten preparada unha conferencia dirixida a pais e nais de nenos de institutos onde abordarán aspectos sobre os perigos que supoñen as redes sociais e que deben facer para protexelos.
Dentro do marco dos obradoiros familiares do Plan Municipal de Prevención de Condutas Aditivas, abordaranse os 'Aspectos legais relacionados coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)' a través dunha charla na Casa Azul (rúa Sor Lucía, 2 - 2º andar) o mércores 8 de xuño, en horario de 18:00 a 20:00 horas.
O encargado de impartirla será José Torres Meira, experto universitario en investigación da ciberdelincuencia, responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra, diplomado como especialista en privacidade e seguridade nas redes sociais polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) especialista na análise de evidencias dixitais polo Centro Nacional de Excelencia en Ciberseguridade (CNEC).
Desde a concellería de Benestar, o socialista Marcos Rey anima a tódolos interesados a participar neste obradoiro que el considera "esencial para comprender como protexer aos nosos fillos e a nós mesmos no contexto dunha sociedade dixitalmente alfabetizada e que cada vez se comunica máis mediante redes sociais".
Para poder acudir é necesario realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico planadiccions@pontevedra.eu, indicando nome e apelidos, teléfono, email e idade dos fillos e fillas.
Relacionadas:
-
Estreamos outro podcast temático en PontevedraViva Radio para aprender e adestrar as competencias dixitais
Por Redacción |
-
RADIO.-'Número descoñecido', un relato que conciencia sobre a protección de datos entre os menores de idade
Por Marisa Ciordia |
-
Novos Obradoiros Familiares sobre a adición ás redes sociais, os contidos falsos, a educación sexual ou os hábitos de estudo
Por Oskar Viéitez |
-
Unha acción informativa no 'Botellódromo' tratará de previr o consumo de substancias aditivas
Por Oskar Viéitez |