Máis de 750.000 euros para mellorar a seguridade na estrada PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade avanza no procedemento de inicio das obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga. Os traballos foron adxudicados pola Xunta de Galicia á empresa Construcciones y obras Taboada Ramos S.L.U. por máis de 750.000 euros.
A intervención realizarase ao longo de dous quilómetros coa intención de eliminar un tramo no que se concentran accidentes no municipio. A intención do executivo galego é que as obras se inicien a finais deste verán cun prazo de execución de doce meses.
Nesta obra renovaranse cinco interseccións na PO-504 no Vinquiño, ao comezo da parroquia de San Tomé de Gondar. Está prevista a construción dunha glorieta no cruzamento co Camiño ao Santo, que permitirá o cambio de sentido dos vehículos que circulen por esta estrada.
Eliminarase a actuación proposta inicialmente dunha nova glorieta no punto quilométrico 2+270, atendendo ás achegas recibidas durante o proceso de información pública, indica a Consellería que dirixe Ethel Vázquez.
Van construírse novas beirarrúas nos tramos de mellora dos cruces e adecuarase a drenaxe actual ao novo deseño. Tamén se repoñerán os servizos e rede de sumidoiros que se vexa afectado pola actuación. Ademais, a Xunta sinala que se mellorarán as paradas de autobús existentes.
Tamén anuncian que, en paralelo a esta esperado obra, a Xunta analiza as sete ofertas que se presentaron para executar as obras para acondicionar as beirarrúas nesta PO-504, coa intención de fortalecer a accesibilidade peonil. O investimento para este traballo achégase aos 223.000 euros. A idea é que as dúas obras realícense ao mesmo tempo, sumando un millón de euros de investimento nesta estrada.
Relacionadas:
-
Avanzan sen problemas as obras na rotonda do Vinquiño e no vial de Contumil
Por Oskar Viéitez |
-
Comezan as obras de acondicionamento das beirarrúas na PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Convocan os propietarios afectados polas obras na PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |
-
Setembro será o mes de inicio das obras na PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
As novas beirarrúas na PO-504, entre Sanxenxo e Vilalonga, comezarán a construírse en setembro
Por Redacción |