Volve a atención presencial á cidadanía nos servizos da Deputación
Por Redacción
A Deputación recupera a atención presencial directa en todos os seus servizos suprimindo a obriga de concertar cita previa, agás no ORAL.
A administración provincial, unha vez decaídas a meirande parte das restricións sanitarias decretadas polas autoridades autonómicas por mor da pandemia, contribúe tamén deste xeito á recuperación da plena normalidade na relación coa cidadanía.
Máis de 160.000 persoas foron atendidas, principalmente polo servizo do ORAL, dende que o pasado 1 de xuño de 2020, durante a última prórroga do estado de alarma, implantouse o sistema de cita previa, xunto co traballo en remoto para o persoal, no que supuxo todo un reto de organización para a Deputación.
O deputado de Réxime Interior e Facenda, Carlos Font, considera que estamos diante de "cifras impresionantes que confirman que se alcanzou o difícil reto de seguir atendendo á xente durante o peor das sucesivas ondas da covid-19".
As máis de 160.000 citas xestionadas tradúcense nunha media de máis de 7.000 citas mensuais e de máis de 330 persoas cada día, que non deixaron de facer as súas xestións diante dos diferentes servizos da Deputación gracias á implantación deste e outros mecanismos tecnolóxicos que permitiron superar a barreira das restricións á presencialidade.
As claves do éxito, estima Carlos Font, foron a calidade na atención telefónica para xestionar as citas, a simplificación do portal web da Deputación cun apartado novo para reservar, así como a creación da Oficina Virtual Tributaria (OVT) do ORAL, na que a asignación de hora e data para realizar trámites tributarios resulta moi sinxela.
Precisamente, os resultados alcanzados nun servizo tan especializado como o ORAL motivan que a cita previa mantéñase, a partir de agora, como medida organizativa para outorgar preferencia, evitar as esperas e, ademais, garantir a máxima eficacia na atención personalizada nas diferentes xestións acerca das taxas e impostos municipais.
En canto ao traballo en remoto, estímanse en 6.000 os traballadores que puideron continuar desempeñando as súas funcións durante a etapa posterior ao estado de alarma, entre eles uns 550 na propia Deputación, que si mantivo a presencialidade nos servizos esenciais e moi especialmente na Cidade Infantil Príncipe Felipe.
Todo elo foi coordinado dende unha comisión de seguimento na que se foron adoptando todas e cada unha das máis de 200 medidas postas en marcha tanto para o funcionamento da propia Deputación como para manter a actividade e cooperación cos concellos.