A Asociación de Mulleres Rurais 'A Azucreira de Portas' celebra as súas vodas de prata con dous anos de atraso
Por Redacción
A Asociación de Mulleres Rurais A Azucreira de Portas pudo conmemorar o seu 25 aniversario cun acto emotivo e un xantar de confraternidade no que participou o alcalde do municipio, Ricardo Martínez.
Despois de celebrar unha misa pola memoria das socias falecidas ao longo destes últimos anos, a presidenta da asociación Carmen Lago Diz, agradeceu o apoio e o traballo realizado polas súas compañeiras da xunta directiva ao longo de todos estes anos e tamén ás socias que coa súa participación activa nas actividades da entidade lograron que fora unha das máis dinámicas de todo o concello.
Carmen Lago alegrouse que despois da paréntese obrigada pola pandemia poideran celebrar agora o 25 aniversario que tivo que ser adiado con anterioridade por culpa das restricións da covid-19.
"Aínda que xa contamos con 27 anos de vida, por fin podemos celebrar como queriamos o 25 aniversario cun acto de reencontro entre todas as sociais e lembrando toda a nosa traxectoria", indicou Lago Diz.
Pola súa banda, o alcalde Ricardo Martínez felicitou á presidenta, Carmen Lago, e salientou o traballo asociativo e de dinamización do mundo rural feito por esta asociación ao longo de todos estes anos, brindándolles o seu apoio persoal e institucional como alcalde para que sigan desenrolando con garantías todas e cada unha das súas actividades como ata o de agora.
Relacionadas:
-
A bandeira verde contra o cancro ondea en Pontevedra para reivindicar máis investigación
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Aberta a convocatoria para solicitar axudas destinadas a asociacións de mulleres
Por Redacción |
-
Máis de oitenta colectivos únense contra a "agresión" ao Verdugo e o Oitavén
Por Redacción |