Detidos dous irmáns por roubar o cableado eléctrico da subestación do AVE en Vilaboa
Por Redacción
Dous irmáns de 25 e 24 anos foron detidos pola Garda Civil por roubar o cableado eléctrico da subestación do AVE en Vilaboa.
A ambos os detidos, que contan cun amplo historial de antecedentes delituosos, tamén se lles vincula co roubo nunha empresa do municipio pontevedrés de Barro.
Unha patrulla de seguridade cidadá foi a que observou nos exteriores dun domicilio un depósito con anacos de cable eléctrico que tiñan un grosor considerable.
Os axentes, que sospeitaban da súa orixe, comprobaron que o cable fora subtraído na subestación eléctrica do AVE en Vilaboa, situada a escasa distancia da vivenda.
Días despois, localizouse un vehículo supostamente abandonado e coas portas abertas, no lugar de Acuña (Vilaboa) cargado con anacos de estruturas metálicas roubadas nunha nave do polígono de Sequeiros, no municipio de Barro, cuxo valor alcanzaría os 6.000 euros.
Este vehículo figura a nome da señora vinculada co roubo na subestación eléctrica do AVE, polo que foi detida, xunto co seu irmán, como autores de ambos os roubos.
Os detidos, xunto coas dilixencias instruídas, foron postos ao dispor do xulgado de instrución de garda de Cangas.