"Apoyo total" de Felipe VI ás familias do Villa de Pitanxo
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño
O rei Felipe VI volveu a reunirse este martes con representantes das familias dos 21 falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo. Foi en Vigo, con motivo da inauguración da feira Navalia, acto que presidiu o monarca.
A esta audiencia acudiu María José de Pazo, como portavoz dos familiares, que estivo acompañado de Samuel Kwesi, un dos tres sobreviventes do naufraxio.
Tras este encontro, De Pazo explicou que Felipe VI mostroulles o seu "apoyo total" á reivindicación das familias para que se descenda ao pecio afundido e, segundo esta portavoz, "se ha mostrado apenado de que todo esté en el mismo punto".
As familias reiteran que os informes demostran "que se puede bajar al pecio", que existen medios españois para realizar esta operación, que non existen impedimentos legais e que ninguén estaría en risco "por lo que queremos obtener pruebas".
"Le dije que hiciese todo lo que estuviese en su mano", afirmou María José De Pazo, que lembrou que o rei é mariño "y sabe de lo que se habla".
A pesar diso, De Pazo -filla dun dos falecidos- reiterou que "quien tiene que atendernos y escucharnos" é o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ao que lembra que "el tiempo apremia" para autorizar unha operación que "es de justicia".
Relacionadas:
-
Felipe VI presidirá os actos do Carme na Escola Naval de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Familiares das vítimas do Villa de Pitanxo, indignados porque o buque Vizconde de Eza non explore os restos do naufraxio
Por Redacción |
-
Rueda ve "incomprensible" que o Goberno se negue a baixar ao pecio do Villa de Pitanxo
Por Alejandro Espiño |
-
Presentan as querelas contra dous dos sobreviventes do Villa Pitanxo e a casa armadora
Por Alejandro Espiño |
-
Unha empresa norueguesa ofrece medios gratuítos para baixar ao Villa de Pitanxo
Por Natalia Puga |
-
As familias do Villa de Pitanxo reuniranse coas autoridades do centro de salvamento de Halifax de Canadá
Por Oskar Viéitez |
-
As familias do Villa de Pitanxo esixen "respostas" tres meses despois do naufraxio
Por Alejandro Espiño |
-
As familias do Villa de Pitanxo piden medidas cautelares para que o patrón non volva embarcar noutro buque
Por Natalia Puga |