Policías e gardas civís aprenden técnicas para evitar que alguén se desangre
Por Redacción
Que policías e gardas civís que, habitualmente, adoitan ser os primeiros intervenientes en calquera suceso ou accidente teña coñecementos de como deter unha hemorraxia. Ese foi o obxectivo do curso de formación que se celebrou en Pontevedra.
O curso foi impartido pola asociación Policía h50 no centro Magnafor (MB Studio).
Os participantes aprenderon tres técnicas rápidas para axudar a salvar unha vida antes de que alguén morra por perda de sangue: como usar as mans para aplicar presión sobre unha ferida, como selar unha ferida para controlar o sangrado e como aplicar correctamente un torniquete.
Desta forma, proporcionouse aos axentes policiais habilidades para salvar vidas ante unha intervención con vítima que presente lesións graves de sangrado, tanto un cidadán como a eles mesmos en caso de resultar feridos.
Esta xornada formativa tivo ademais un cariz solidario, xa que se recadaron alimentos que serán entregados a cidadáns ucraínos que están en Galicia como refuxiados.