Os forenses advirten que Francisco podería repetir un ataque como o que tivo cando matou o noivo da súa nai
Por Oskar Viéitez
O xurado reunirase este xoves para deliberar se Francisco A.M. matou con aleivosía o noivo da súa nai propinándolle por sorpresa dúas coiteladas no colo sen que a vítima tivese oportunidade de defenderse.
A primeira hora da mañá o tribunal da Sección segunda entregaralles o obxecto do veredicto para que os once membros do xurado deliberen sobre tres cuestións fundamentais: se Francisco actuou con aleivosía, e se son circunstancias atenuantes a súa confesión e que tivese depositado dez mil euros para indemnizar os fillos da vítima.
Durante a sesión deste mércores os forenses advertiron de que "se pueden volver a repetir" estes feitos agresivos e violentos xa que o acusado padece "una lesión de carácter permanente" como consecuencia dun accidente de moto que lle provocou "daños cerebrales irreversibles". "Conoce lo que es el bien y el mal", pero "no tiene frenos sociales", ou como dixo un dos forenses "recibe unos impulsos que es incapaz de controlar".
Ao elevar a definitivas as súas conclusións o fiscal imputoulle un delito de asasinato ao igual que fai a acusación particular.
O Ministerio Público solicitou unha pena de internamento nun centro psiquiátrico por un período non superior aos 16 anos, que o avogado da familia da vítima eleva ata os vinte anos.
A fiscalía solicita unha indemnización de cen mil euros, que a acusación particular sitúa en 120.000. Ademais ambos os dous coinciden en que se lle prohiba achegarse á familia da vítima polo tempo máximo que sexa posible.
Pola súa banda a defensa do acusado rebaixou o internamento nun centro psiquiátrico en réxime pechado durante "no más de siete años" e fixa a responsabilidade civil en 9.070,93 euros para cada un dos tres fillos. O avogado explicou que o seu cliente cobra 640 euros ao mes como pensionista polo que significou o "especial esfuerzo que supone para él hacer frente a esta responsabilidad civil".
Relacionadas:
-
O TXSG aumenta a 16 anos a pena máxima do mozo que matou ao noivo da súa nai
Por Oskar Viéitez |
-
O mozo de Cangas que matou ao noivo da súa nai deberá cumprir 12 anos e medio de internamento nun psiquiátrico
Por Redacción |
-
O xurado declara culpable o mozo que matou a coiteladas o noivo da súa nai en Cangas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O mozo de Cangas acusado de matar o noivo da súa nai recoñece durante o xuízo ser o autor do crime
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Un xurado popular xulgará un mozo por matar a coiteladas ao noivo da súa nai
Por Oskar Viéitez |