LudoCaldas ofrece 120 prazas para o mes de xullo e de 80 para agosto
Por Redacción
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Inés Fuentes, informou este xoves da convocatoria de Ludoteca de Verán para os meses de xullo e agosto de 2022 e animou ás familias a participar un ano mais neste recurso.
"LudoCaldas Verán 2022 é un programa de lecer e tempo libre ofertado dende o Concello ás familias con fillos e fillas en idade escolar, para axudar á conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares do verán", explicou Inés Fuentes.
Para este ano a oferta de prazas é de 120 para o mes de xullo e de 80 para o mes de agosto, sendo o horario de 8,30 a 14,30 horas, e levarase a cabo nas instalacións do CPI Alfonso VII.
Para este ano 2022, a prioridade na selección serán as familias con historia social previa en servizos sociais comunitarios básicos con anterioridade ao prazo de solicitude da ludoteca. En segundo lugar irán as familias empadroadas no Concello nas que os dous proxenitores traballan, a continuación as familias empadroadas no Concello na que un proxenitor traballa.
A novidade deste ano é darlles prioridade ás familias con historia social previa en servizos sociais comunitarios básicos con anterioridade ao prazo de solicitude de ludoteca, por ser perceptores do RISGA, Ingreso Mínimo Vital ou Pensión non Contributiva, por formar parte dunha unidade familiar en situación de vulnerabilidade ou en risco de exclusión social incluída, e familias incluídas no programa de educación familiar.
Para os perceptores de RISGA, perceptores de PNC cando na unidade familiar carecen doutros ingresos ou familias incluídas no programa de educación familiar dos servizos sociais comunitarios básicos, o servizo será gratuíto. Para as unidades familiares preceptoras do Ingreso Mínimo Vital e con complemento por fillo a cargo, o custe do servizo terá unha minoración do 50% . Nos demais casos a cota será de 60 euros polo mes completo e no caso de que participen 2 menores da mesma unidade familiar ou no caso de familia numerosa 55 euros. A quincena será de 40 euros por participante.
O prazo par facer a reserva de prazas comeza o mércores 1 de xuño ata o día 8 de xuño, e o listado de admitidos, saíra publicado o 13 de xuño de 2022, e a matrícula formalizarase a partir desta data ata o 22 de xuño co pago da cota correspondente.
Relacionadas:
-
Un total de 135 nenos participan na ludoteca de Caldas
Por Redacción |
-
Vacacións multideportivas e escolas de navegación para a rapazada de Vilagarcía
Por Redacción |
-
O Campaverán se desenvolverá no mes de xullo en Carballedo
Por Redacción |
-
Haberá Ludoverán 2022, Concello e Fanpa chegan a un preacordo
Por Oskar Viéitez |
-
Poio abre o plazo de inscrición para as ludotecas de verán
Por Redacción |