Rescatan dous tripulantes dunha dorna que sufriu unha vía de auga entre Cabo Udra e Bueu
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un helicóptero de Salvamento Marítimo rescatou a primeira hora da mañá deste sábado os dous tripulantes dunha embarcación de recreo tipo dorna que sufrira unha vía de auga cando navegaba en augas de Bueu sobre as seis da mañá.
O aviso ao 112 Galicia deuno un dos tripulantes da embarcación, que indicou que estaban na auga porque a embarcación na que navegaban sufrira unha vía de auga e estaba afundíndose.
A embarcación estaba neses momentos nun punto entre Cabo Udra e Bueu e o 112 alertou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizaron un helicóptero e unha embarcación para socorrer os dous tripulantes.
O centro de Salvamento Marítimo mobilizou á súa embarcación Salvamar Mirach, Gardacostas de Galicia despregou o helicóptero Pesca I e o servizo marítimo da Garda Civil mobilizou o seu patrulleira Río Guadalupe.
Os dous tripulantes foron rescatados polo helicóptero mentres que Salvamento Marítimo remolcou a dorna a porto.
Ademais, alertaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que procedeu ao traslado dos dous tripulantes ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo con síntomas de hipotermia.
A alerta tamén mobilizou aos axentes da Policía Local de Bueu.
Aviso @112Galicia embarcación ensenada #Bueu 2 tripulantes en agua. Nuestro centro #Finisterre moviliza salvamar Mirach/helicóptero Pesca I @GardacostasGal + patrullera Río Guadalope @guardiacivil
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) May 28, 2022
Helicóptero rescata tripulantes y lleva hospital. Salvamar remolca dorna a puerto. pic.twitter.com/m7QBDb6rTI
Relacionadas:
-
Un veleiro polaco queda á deriva no acceso ao porto de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Rescatados tres tripulantes dun hidropedal á deriva en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Activan un dispositivo de procura no Grove ante a posible desaparición dun mergullador
Por Redacción |
-
Remolcan a Marín a un pesqueiro de Ribeira que quedou sen temón
Por Redacción |