O servizo de axuda no fogar de Poio incrementará o número de horas
Por Oskar Viéitez
O Concello de Poio sacará próximamente a licitación o contrato para o servizo de axuda no fogar que, a día de hoxe, dá cobertura a un total de 73 usuarios.
Unha das principais novidades que incluirá o novo contrato será o incremento na partida achegada pola administración local. Este incremento será de máis de 278.000 euros por anualidade, o que redundará tamén nun aumento no número de horas de prestación.
Deste xeito, o Concello pasa de asumir o 12% dos custes ao 42% unha vez se asine o documento.
A concelleira responsable da área de Servizos Sociais, a socialista Rosa Fernández, sinala que esta é unha prestación que "cada vez é máis importante e conta cunha demanda entre a nosa veciñanza que non deixa de medrar".
O novo contrato terá unha duración de dous anos, coa posibilidade de establecer unha prórroga doutros dous. A contía total correspondente ao contrato é de tres millóns de euros, IVE engadido. O ano pasado o pleno aprobou a última prórroga do contrato que estaba vixente.
Aquelas familias e veciños interesados en obter información sobre este servizo poden asesorarse chamando á Casa Rosada, a través do número de teléfono 986872401.
O servizo de axuda no fogar ofrece horas por dependencia (actualmente son 3.064) ou por libre concorrencia (462). Ademais do Concello, a prestación está subvencionada pola Xunta de Galicia nun 75% e nun 12% pola Deputación Provincial de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Poio renova con Idades o contrato do servizo de axuda no fogar
Por Redacción |
-
Rescatado un veciño de Poio de 76 anos que levaba tres días malferido nunha leira
Por Redacción |
-
Petición de Benestar Social á Xunta dunha achega de máis de 2 millóns de euros para programas do Plan Concertado
Por Redacción |
-
Socorren un home que levaba dous días malferido na súa casa despois de caer polas escaleiras
Por Oskar Viéitez |