Nova web para que os turistas 'descubran' Poio
Por Oskar Viéitez
A concelleira de Turismo e tenente de alcalde de Poio, Silvia Díaz, presentou este venres a nova web turismodepoio.gal coa que se pretende captar visitantes para este destino.
Silvia Díaz compareceu no Casal de Ferreirós acompañada por representantes do sector turístico no municipio e por responsables da empresa Trivium que elaborou a web.
'Poio, moito por descubrir' e o lema que encabeza este portal que sustitúe a anterior páxina que estaba incluída na web institucional do Concello e que era "unha ferramenta obsoleta", segundo valorou a concelleira.
A nova web funciona coma un escaparate para planificar a viaxe a Poio e facer as correspondentes reservas, tamén ofrece información e "permite mellorar a experiencia" do turista cando xa se atopa no destino e aproveita para compartir nas redes sociais a experiencia das persoas que estiveron no municipio, o que lle aporta un "valor engadido".
Nos seus distintos apartados o usuario atopa información do destino, dende a cultura e o patrimonio ata a natureza e o lecer. Además inclúe suxestións sobre que ver, que facer, unha axenda, un mapa interactivo e a actualidade do municipio.
Relacionadas:
-
A enogastronomía, principal liña estratéxica en Poio para atraer turismo fóra da tempada alta
Por Redacción |
-
Un Plan de Enogastronomía para converter á provincia nun territorio de excelencia
Por Redacción |
-
Valoración positiva en Poio do 65% de ocupación hoteleira acadado na Semana Santa
Por Redacción |