Prohibido facer cacharelas nas praias de Marín
Por Redacción
O San Xoán volverá recuperar toda a súa maxia este ano. O Concello de Marín vén de abrir o prazo para solicitar a instalación de fogueiras en tanto na noite do 23 de xuño como na festividade de San Pedro.
O formulario para solicitar as cacharelas pode descargarse na web do concello. O prazo para facelo rematará o 22 de xuño.
En canto as normas de obrigado cumprimento, o Concello lembra que está prohibido levar a cabo cacharelas sobre as vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes, baixo tendidos eléctricos e telefónicos. As cacharelas terán que gardar unha separación mínima de 12 metros lineais coa vexetación, casas e edificios máis cercanos. A súa altura máxima será de 14 metros e o diámetro da zona de combustión de 6 metros de ancho.
Para a combustión só poderán emplearse leña, ramas, troncos de árbores ou calquera material de madeira, quedando prohibido emplear materiais inflamables como neumáticos, plásticos, latas, botellas de vidro ou materiais de PVC. Tamén se prohibe botar ás cacharelas aerosoles (aínda se están baleiros), aceites, líquidos combustibles e calquera substancia explosiva.
As persoas que asistan á festa, non se poderán situar nunha área de diámetro similar á altura do pau central da cacharela. Queda prohibido facer cacharelas na praia.
As persoas organizadoras das fogueiras, deberán ter coñecemento dos télefonos de contacto necesarios no caso de que xurda algún accidente deberán marcar o teléfono de emerxencias: 112.
A persoa solicitante deberá responsabilizarse do cumprimento das normas establecidas en canto á seguridade e medidas específicas sanitarias.
Mediante estas normas, de obrigado cumprimento, o Concello pretende garantir a protección e seguridade das persoas que participen nestas festas de grande tradición, facendo compatible a diversión coa seguridade de toda a cidadanía.
Relacionadas:
-
Últimos días para solicitar fogueiras para San Xoán en Marín, que xa leva 40 máis que o ano pasado
Por Redacción |
-
Poio permite facer fogueiras de San Xoán nas súas praias
Por Oskar Viéitez |
-
Tres días -con San Xoán incluído- para un Surfing the Lérez "exclusivamente galego"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Aberto o prazo ata o 17 de xuño de solicitude de permisos para as fogueiras de San Xoán 2022
Por Redacción |
-
Abre o prazo de solicitude en Bueu para as fogueiras de San Xoán e San Pedro
Por Redacción |
-
Sanxenxo autoriza as fogueiras de San Xoan en Lavapanos, Panadeira, Silgar e Caneliñas
Por Redacción |
-
Inés Vázquez, alumna do CEIP Chancelas, deseña o cartel das Festas de San Xoán de Poio
Por Redacción |