Denuncian un roubo polo método do butrón nas dúas gasolineiras de Curro
Por Natalia Puga
Os responsables das dúas gasolineras situadas en Curro, no Concello de Barro, denunciaron que durante a pasada madrugada rexistráronse roubos polo método do butrón en ambos establecementos. Trátase das gasolineiras Sequeiros, que comercializan a marca Repsol, e ambas teñen danos nunha parede.
Os feitos xa están en coñecemento da Garda Civil, que abriu unha investigación para aclarar o sucedido, pero, ata o momento, non se deron a coñecer avances nas indagacións.
Un responsable do negocio confirmou que os ladróns roubaron en ambos establecementos, pero rexeitan aportar detalles do sucedido e do botín subtraído. Fontes consultadas si indicaron que nun dos negocios poderían ter levado unha caixa forte.
Fontes da Garda Civil confirmaron os dous roubos e os investigadores xa realizaron unha inspección ocular de ambas gasolineiras, situadas cada un ao carón da estrada Pontevedra-Vilagarcía. Ata o momento, non hai denuncia oficial.