Identificado un home con 64 pezas falsificadas de marcas como Adidas ou Calvin Klein
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Axentes da Policía local de Poio identificaban un home na parroquia de San Xoán durante a xornada do venres 27 de maio con pezas falsificadas, que utilizaba para distribuír e comercializar de maneira ambulante polo municipio.
No momento en que foi identificado, o home portaba un total de 64 pezas: gorras, camisetas e roupa interior de marcas como Nike, Adidas ou Calvin Klein, todas elas falsificadas, sen que os titulares dos dereitos da propiedade industrial rexistrados conforme á lexislación de marcas autoricen a distribución. Segundo indican desde a Policía Local de Poio, estas pezas carecen das correspondentes medidas de seguridada e calidade esixidas.
Os axentes instruíron as dilixencias ao xulgado ao entender que o home é presunto autor dun delito contra a propiedade industrial, de pezas falsificadas co logotipo e firmas de marcas rexistradas. Este delito castígase cunha pena de prisión de seis meses a dous anos, ou cunha multa de entre un e seis meses de traballos en beneficio da comunidade de 31 a 60 días.
Relacionadas:
-
Un camión accidentado en Lourido atasca o vial durante varias horas
Por Redacción |
-
Unha veciña de Poio enfróntase a 30.000 euros de multa polos ataques dos seus cans a viandantes
Por Redacción |
-
Sorprenden dous furtivos que colleron seis quilos de ameixa na praia da Pinela, un deles reincidente
Por Redacción |