Veciños do lugar do Rial denuncian actos vandálicos e ataques ás súas propiedades
Por Redacción
Veciños do Rial, en San Martiño, no concello de Poio, denunciaron actos vandálicos e ataques ás súas propiedades que se producen de maneira reiterada nos últimos anos.
Entre outras incidencias os veciños detallan pintadas con spray en varios vehículos e portais, un coche queimado e danos en contedores e garaxes.
O suceso máis dramático foi o envelenamento de cinco cans. Un deles unha femia mastín dos Pirineos con trece cachorros que mamaron dela unha vez morta e acabaron morrendo todos.
Estes prexudicados presentaron distintas denuncias ante a Policía Local de Poio e a Garda Civil e sinalan a unha cuadrilla como os responsables de todo este vandalismo e aseguran que "se sienten impunes ya que las autoridades no les hacen nada".
Os veciños aseguran estar "cansados" destes problemas polo que decidiron facer pública a súa situación.
Relacionadas:
-
Accións vandálicas en Poio con danos no mobiliario público
Por Redacción |
-
Reparado o lavadoiro de Saíñas dos danos causados polos vándalos
Por Redacción |
-
Rouban tiras de céspede artificial no parque de xogos de Saíñas
Por Redacción |
-
O PP pon o foco en pintadas contra a Policía que locen as fachadas dalgúns edificios municipais
Por Redacción |
-
Silvia Díaz, concelleira de Turismo de Poio, relaciona os desperfectos nos Muíños da Freixa con actos vandálicos
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada