A planta de Sogama é un referente internacional na xestión de residuos e dá servizo ao 94% dos concellos galegos
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou este martes 7 de xuño, coincidindo co 30 aniversario de Sogama, que o complexo medioambiental é un referente internacional na xestión de residuos e dá servizo ao 94% dos concellos galegos.
Durante unha visita ás instalacións do complexo medioambiental en Cerceda, Ángeles Vázquez puxo en valor que en Galicia "fomos quen de transformar os residuos en recursos". Deste xeito, Sogama produce a partir do lixo non reciclable, a electricidade suficiente para abastecer ao 12% dos fogares galegos.
Ademais, ao longo destes 30 anos, Sogama procesou máis de 19 millóns de toneladas de residuos urbanos —unha cantidade equivalente a 95 estadios de fútbol—; recuperou máis de 610.000 toneladas de refugallos da bolsa negra e máis de 410.000 toneladas da bolsa amarela que se destinaron a reciclaxe, e xerou máis de 10 millóns de MWh de enerxía por parte das plantas de coxeración e termoeléctrica e da planta de biogás do vertedoiro de Areosa.
"Coa remodelación da antiga planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, incrementamos a súa achega á reciclaxe nun 45% e reducimos en máis dun 98% o depósito directo de residuos en vertedoiros", explicou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que engadiu que Galicia poderá cumprir con anos de antelación o obxectivo do vertido técnico 0, fixado pola UE para o ano 2035.
CUADRIPLICA O NÚMERO DE MUNICIPIOS ADHERIDOS
A maiores, Ángeles Vázquez lembrou que no ano 2000 utilizaban os servizos de Sogama 71 concellos, mentres que a día de hoxe están adheridos 295 municipios, que aglutinan unha poboación superior aos 2.240.000 habitantes.
De cara ao futuro, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abordou a esixencia do Goberno central de que os concellos implanten a recollida selectiva da materia orgánica a través do quinto contedor, o de cor marrón.
Os concellos teñen menos dun mes para cumprir este mandato e, se ben a incorporación deste contedor é competencia municipal, a Xunta apoia ás entidades locais co deseño dunha rede de infraestruturas que complementarán a outras públicas e privadas para dar servizo ao conxunto do territorio galego.
Nesa liña, a Xunta construirá tres novas plantas de biorresiduos en Cervo, Verín e Vilanova de Arousa, e seis novas plantas de transferencia en Cee, Ponteceso, Curtis, A Lama, Arbo e Riotorto; ademais de modificar outras sete —Vigo, O Porriño, Silleda, A Rúa, Ourense, Lugo e Narón—. Para acadar este obxectivo, o Goberno galego investirá 60 millóns de euros a través da Estratexia galega de biorresiduos e residuos municipais 22-23.
Para concluír, Ángeles Vázquez recoñeceu "o traballo e o esforzo" dos presidentes que tivo Sogama ao longo destas tres décadas, facendo especial fincapé en José Álvarez, falecido hai máis de 10 anos.
Pola súa parte, o presidente de Sogama, Javier Domínguez, agradeceu á cidadanía o seu apoio e comprensión xa que "o esforzo diario desta empresa pública está orientado ao seu benestar e calidade de vida".
Relacionadas:
-
Sogama lanza unha nova páxina web coa que pretende achegar, aínda máis, o seu labor aos cidadáns
Por Noticia patrocinada |
-
Sogama prevé que a planta de biorresiduos de Vilanova de Arousa dea servizo a 26 concellos en 2023
Por Noticia patrocinada |
-
Sogama financiará con preto de 150.000 euros proxectos ambientais en Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
SOGAMA entrega á Mancomunidade do Morrazo 300 composteiros e igual número de cubos domiciliarios
Por Noticia patrocinada |
-
Javier Domínguez pon en valor o labor de Sogama nun encontro de entidades públicas
Por Noticia patrocinada |
-
A agrupación industrial Viratec visita Sogama para coñecer as innovacións na xestión de residuos urbanos
Por Noticia patrocinada |
-
Sogama adxudicou diversas melloras na planta de transferencia de Ribadumia
Por Redacción |
-
Parlamentarios integrados na comisión de Medio Ambiente e Servizos visitan Sogama
Por Noticia patrocinada |
-
A redución do canon de Sogama deste ano suporá un aforro para os galegos de máis de 11 millóns
Por Redacción |
-
Sogama imparte sesións formativas en centros escolares de Poio, Sanxenxo e Vilanova
Por Noticia patrocinada |