A Gala Solidaria de Curro recollerá alimentos para a Fundación Amigos de Galicia
Por Redacción
A Comunidade de Montes de Curro e Salnés Espectáculos organizan este domingo 12 de xuño a VIII Gala Solidaria "Música por alimentos" a favor da Fundación Amigos de Galicia.
A recollida será no propio campo da festa en Curro e consistirá na entrega voluntaria dos asistentes de 1 quilo ou 1 litro de alimentos non perecedoiros. Unha parte da recadación de alimentos que se realice durante a gala destinarase a persoas en situación de vulnerabilidade ou en risco de exclusión social dos concellos de Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Meis ou Ribadumia.
Outra parte dos alimentos será enviada a Ucraína en camións que levan axuda desde Galicia vía Polonia.
Na última edición da Gala, no ano 2019, lográronse recoller preto de 19 toneladas de alimentos.
A velada comezará ás 16:30 horas coa festa infantil na que haberá inchables gratis. A partir das 17:30 comezará a música coas orquestras Marbella, Claxxon e La Ola ADN.
Relacionadas:
-
Fundación Amigos de Galicia envía a Ucraína os alimentos recollidos na Gala Solidaria de Curro
Por Redacción |
-
"Cada vez pregúntannos máis como teñen que facer para retornar a Ucraína"
Por Oskar Viéitez & Diana Eiras |
-
A hostalería local, protagonista da primeira Festa do Viño de Barro pospandemia
Por Redacción |
-
A emoción e velocidade das carrilanas volven sentirse en Barro
Por Redacción & Cristina Saiz |