Convocan os propietarios afectados polas obras na PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción
A Xunta publica este xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG) as convocatorias, para xullo e setembro, dos actos expropiatorios para as obras de mellora da seguridade viaria na estrada de titularidade autonómica PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga.
A intervención, para a eliminación dun treito de concentración de accidentes, prevé a renovación de cinco interseccións na PO-504, no lugar do Vinquiño, e ao inicio da parroquia de San Tomé de Gondar. As obras suporán un investimento autonómico de 970.000 euros.
Os actos para o levantamento de actas previas á ocupación terán lugar o 21 de xullo ás 10:00 horas e ata as 12:45 no salón de plenos do Concello de Sanxenxo. A formalización das actas de ocupación levarase a cabo o 22 de setembro, tamén á mesma hora e no mesmo lugar.
As intervencións consistirán na execución de novas beirarrúas nos treitos de mellora das interseccións, e a construción dunha glorieta na intersección co Camiño ao Santo, que ademais de ordenar os propios movementos das vías coas que entronca, permitirá o cambio de sentido dos vehículos. Melloraranse ademais as paradas de autobús e redeseñarase a sinalización horizontal e vertical de todo o treito.
En paralelo a esta obra, a Xunta prevé executar unha mellora das beirarrúas no mesmo ámbito de actuación, de modo que a esta mellora da seguridade viaria se lle sume tamén unha mellora da accesibilidade peonil, cun investimento adicional de case 200.000 euros.
Relacionadas:
-
Derrubada unha torre eléctrica en Vilalonga para crear unha parada de bus
Por Redacción |
-
Comezan as obras de acondicionamento das beirarrúas na PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Adxudican a Covsa a ampliación das beirarrúas na PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
As estradas PO-308 e PO-364 ao seu paso por Portonovo xa son competencia do Concello
Por Redacción |
-
Máis de 750.000 euros para mellorar a seguridade na estrada PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |
-
As novas beirarrúas na PO-504, entre Sanxenxo e Vilalonga, comezarán a construírse en setembro
Por Redacción |
-
Aprobado o proxecto de reforma da estrada PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |