Comeza a entrega dos novos composteiros individuais para a veciñanza de Poio
Por Redacción
O concelleiro de Servizos Municipais, Julio Casás, fixo entrega este xoves no Centro de Formación da Reiboa dos primeiros composteiros individuais a preto de medio cento de veciños que tramitaron a pertinente solicitude.
O edil socialista lembra que o Concello tramitou no seu día a adquisición de 800 de composteiros con aireador, que se irán recibindo en lotes de 200. A empresa especializada Berca Group é a encargada de subministrar estes dispositivos, logo de obter a puntuación máis alta no proceso de adxudicación, ao cal aspiraron un total de seis firmas.
A entrega destes composteiros levarase a cabo de xeito periódico e escalonado. Terán preferencia aquelas persoas que xa dispuñan destes recipientes en casa e que solicitaron a súa renovación, así como veciños de Poio que xa tramitasen a solicitude.
A adquisición dos composteiros individuais é totalmente gratuíta. Pódense solicitar poñéndose en contacto coa mestra composteira ou chamando ao 986770001.
Ademais de facer entrega destas primeiras 50 unidades houbo unha pequena charla informativa para explicar a montaxe e o uso destes recipientes.
Relacionadas:
-
Entregan mil cubos á veciñanza de Poio para a separación orgánica nos fogares
Por Redacción |
-
Todos os centros educativos de Poio xa teñen composteiro
Por Redacción |
-
O colexio de Viñas xa conta cun segundo recipiente para xerar compost
Por Oskar Viéitez |
-
Poio terá que investir 77.000 euros para cumprir cos obxectivos da nova lei de residuos
Por Redacción |
-
A empresa Berca Group subministrará os 800 composteiros que Poio repartirá entre a veciñanza
Por Redacción |
-
A reciclaxe de envases e vidro aumentou en Poio o pasado ano
Por Redacción |
-
Aumenta a demanda de compost elaborado nos centros comunitarios de San Salvador
Por Redacción |
-
Poio pagará menos a Sogama
Por Redacción |