O cambio de sentido en Ribeira dos Peiraos e dos Gafos completará a reordenación de tráfico en Palamios
Por Redacción
A reordenación de tráfico en Palamios será completa a partir do próximo venres 17 de xuño.
Así o confirmou o Concello de Pontevedra, ao ser a data prevista na que cambiarán de sentido de circulación as rúas Ribeira dos Peiraos e Ribeira dos Gafos, pasando a primeira delas a ser de saída do barrio e a segunda de entrada.
O departamento de Mobilidade do goberno local pretende con esta medida reducir o incremento de tráfico da rúa Palamios derivado do peche ao tráfico rodado de Raíña Vitoria.
Está previsto realizar a instalación da sinalización horizontal e vertical ao longo dos próximos días, completando a actuación con información sobre a nova sinalización que será colocada nos portais do barrio para coñecemento dos veciños.
Segundo explicou o edil Demetrio Gómez, esta medida creará un sentido máis lóxico de circulación semellante a unha rotonda, e aínda que supoña algúns metros máis aos condutores entende beneficiará aos veciños ao non estar Palamios preparada para asumir o volume de tráfico actual.
Trátase da última actuación prevista para reordenar o barrio de San Roque. Previamente renovouse a capa de rodadura de San Roque de Abaixo, instalouse un novo paso de peóns elevado en Ribeira dos Peiraos; elevouse o cruzamento de Ribeira dos Peiraos e Pontenova; elevouse o paso de peóns de Palamios á altura das escaleiras que soben cara a Raíña Vitoria; elevouse o paso de peóns diante da escola infantil en San Roque de Abaixo; instalouse un redutor de velocidade no final de Palamios xunto ao Sánchez Cantón quedando sinalizado como zona de convivencia con prioridade peonil e velocidade 10km/h; construíuse unha orella no entroncamento de Corpo Santo con San Roque de Abaixo; e cambiouse o sentido de circulación da rúa San Roque de Abaixo con acceso limitado a residentes e servizos.
Relacionadas:
-
O PP denuncia que os cambios na circulación nos Gafos son "un erro que agrava aínda máis a pésima situación do tráfico"
Por Redacción |
-
Entran en vigor os cambios de tráfico no Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Un bando sentencia o peche definitivo de Raíña Vitoria
Por Natalia Puga |
-
Raíña Vitoria seguirá pechada ao detectarse unha baixada de máis de 5.000 vehículos diarios na contorna
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Reordenan o tráfico en Ribeira dos Peiraos, Palamios e San Roque de Abaixo
Por Alejandro Espiño |