O Concello ultima o saneamento a Arcos de Furcos coa dotación do servizo aos lugares de A Casiña e Ducio
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos Velay, supervisou os traballos que está a executar o Concello nos lugares de A Casiña e Ducío, en Arcos de Furcos, e que dotarán dunha rede de saneamento en óptimas condicións a unha poboación que supera o centenar de habitantes.
O investimento nesta actuación, que supera os 43.000 euros, forma parte dun proxecto máis ambicioso que comezou no ano 2018 desenvolvéndose en diferentes fases e cun orzamento de 347.000 euros financiados a través do Plan Concellos para mellorar a rede de saneamento nesta contorna.
Tras varios anos de actuacións continuas por parte do Concello para dotar deste servicio a todas as vivendas de Arcos de Furcos, o proxecto chega á fase final coa sustitución da tubería de fibrocemento en A Casiña por outra de PVC así como a eliminación da depuradora existente neste punto. No lugar de Ducio o Concello instala por primeira vez esta rede de saneamento, xa en PVC, con conexión no mesmo punto que A Casiña, donde irá situada a nova depuradora xa adquirida pola administración local.
As obras, que avanzan a bo ritmo, permitirán aos veciños deste contorno beneficiarse próximamente da conexión á rede de saneamento municipal, coas vantaxes que ten este servizo tanto individualmente como para o coidado medioambiental.
Manuel Campos destaca a dispersión dos núcleos rurais como unha das principais dificultades que ten que afrontar o Concello para dotar dos servizos básicos a todos os lugares do municipio, "é unha das características da contorna rural, que conleva calidade de vida á hora de residir pero encarece a dotación de servizos".
Neste sentido o alcalde de Cuntis enfatiza as vantaxas do Plan Concellos artellado pola Deputación de Pontevedra para garantir solvencia económica ás administracións locais para acometer obras de elevado orzamento "que con fondos do orzamento anual serían inviables de executar".