Ferida unha muller embarazada nun accidente en Cambados
Por Oskar Viéitez
Unha muller embarazada de oito meses resultou ferida de consideración nun accidente de tráfico que se produciu na tarde deste venres en Cambados.
Esta muller, de 38 anos, conducía un Seat León que alcanzou por detrás a unha furgoneta.
Segundo informou o Servizo de Emerxencias de Cambados a muller foi evacuada ao Hospital do Salnés con cortes e queimaduras e tamén para que os médicos valorasen o estado do feto tras saltar o airbag do seu vehículo.
TUBAXE DO GAS
O Servizo de Emerxencias de Cambados tamén informou doutro suceso, un condutor que se fuxiu tras impactar cunha tubaxe do gas.
Ocorreu sobre as 23.00 horas do xoves cando un vehículo chocou contra unha tubaxe de gas natural na rúa Valvanera, en Cambados.
Relacionadas:
-
Seis feridos nunha colisión entre dous coches en Vilagarcía
Por Redacción |
-
A rúa Johán Carballeira de Bueu estreará os novos semáforos a finais de xuño
Por Redacción |
-
Entran en vigor os cambios de tráfico no Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Retiran para sempre o carné a un condutor que provocou un accidente bébedo, fuxiu do lugar e foise a unha discoteca
Por Natalia Puga |