A Zona Monumental celebra a festa fin de curso
Por Redacción
O Centro Comercial Urbano Zona Monumental celebra a "Gran Festa Fin de Cole" este mércores 22 de xuño, de 16.30 a 20.30 horas.
O público infantil poderá participar nas actividades repartidas por distintas prazas.
Así, na de Curros Enríquez haberá un taller mural de reciclaxe e rocódromo de 8 metros. Na Praza de Méndez Núñez instalarase o Pinta caras e unha ludoteca creativa.
Tamén haberá actividades na Praza de Valentín García Escudeiro cun taller de repostería creativa.
Na rúa Sierra estará instalado o touro mecánico e un tobogán inchable.
E para finalizar, a divertida festa da escuma, ás 19.30 horas na Praza da Pedreira (Mugartegui).