A veciña de Troáns, Manuela Reboredo cumpre tantos anos como nenos ten o Cuntilín
Por Redacción
A veciña de Novás, na parroquia de Troáns, Manuela Reboredo Campos cumpriu este luns 100 anos de idade. O alcalde de Cuntis, Manuel Campos e as concelleiras Conchy Campos e Ana Loureiro visitaron a Manuela nesta data tan especial.
Precisamente, un centenar é o número de rapaces de Cuntis inscritos na presente edición do "Cuntilín Verán" segundo se recolle na listaxe oficial de admisións elaborada na xornada deste martes polo Concello.
O alumnado comezará a desfrutar das actividades programadas este mes dende este xoves, día 23 de xuño, para garantir ás familias un amplo periodo de conciliación coincidente coas vacacións escolares dos cativos.
"Cuntilín Verán" está destinado a menores en idade escolar e abarca o período vacacional estival comprendido entre o 23 de xuño e 7 de setembro de 2022, ambos inclusive, permanecendo aberto todos os días hábiles, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 nas instalacións do CPI Aurelio Marcelino Rey García excepto a semana das Festas Patronais de agosto que estará pechado por este motivo.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, recorda que "Cuntilín Verán" é un programa gratuito e fundamental para cubrir as necesidades en materia educativa, formativa e de conciliación dunha gran cantidade de familias do municipio, de aí que o Concello realice cada ano "é un esforzo económico moi importante para levalo a cabo sen coste para as familias".
Manuel Campos destacou o incremento de inscritos este ano, no que o programa chegará ao centenar de alumnos frente aos 80 da pasada edición, a pesar do cal ainda quedaron prazas vacantes. "É un programa irrenunciable para o noso goberno e un reflexo claro da nosa aposta polas política sociais", afirma o alcalde, que recorda que o Concello asume o 100% do servizo.
O Concello de Cuntis destina a este programa unha partida de 206.250 euros anuais.