A Asociación Contra o Cancro celebrará a súa Cea Solidaria o 22 de xullo no Liceo Casino
Por Redacción
A Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra retoma a celebración da súa tradicional Cea Solidaria tras dous anos de parón, debido á situación sanitaria.
Este ano cúmprense 25 anos desde que se puxese en marcha a primeira edición deste evento que, ano tras ano, converteuse nunha das citas máis importantes e esperadas.
A cea desenvolverase como vén sendo habitual nas instalacións do parque do Liceo Casino (A Caeira), o próximo día 22 de xullo desde as 21.00 horas.
O custo da entrada é de 45 euros. Aquelas persoas que queiran asistir tan só deben reservar/comprar a súa entrada no novo espazo da Asociación na rúa Eduardo Pondal ou chamando ao número gratuíto e 24 horas, 900 100 036 ou ao 660 10 91 99.
Desde a organización aseguran que haberá moitas sorpresas: unha tómbola con agasallos doados por empresas e colaboradores de Pontevedra e arredores, sorteo de cadros de artistas da cidade e amenización musical.
Todo o recadado neste evento destinarase a seguir financiando todos os programas e servizos que a Asociación ofrece, de maneira gratuíta, aos pacientes de cancro e a súa contorna e entre os que se atopan, a atención psicolóxica durante todo o proceso, atención social, axudas económicas, préstamo de material ortoprotésico (camas, andadores, perrucas, cadeiras de rodas, etc), exercicio físico oncolóxico, campañas de prevención, acompañamentos en hospitais e domicilios e programas de investigación en cancro.
Relacionadas:
-
Máis dun centenar de comercios colaboran na "cea solidaria" da asociación contra o cancro
Por Redacción |
-
O Servizo de Aparello Dixestivo de Montecelo, líder galego na busca dun tratamento para o fígado graxo
Por Redacción |
-
Maica Larriba destaca o "extraordinario labor" da AECC en Pontevedra
Por Redacción |
-
Presentan a Unidade de Exercicio Físico Oncolóxico como novo servizo gratuíto na AECC de Pontevedra
Por Redacción |
-
Juan Carlos I e a infanta Elena presiden unha cea benéfica contra o cancro en Sanxenxo
Por Redacción |