A Subdelegación do Goberno organiza a súa primeira xornada de portas abertas
Por Redacción
O vindeiro día 1 de xullo terá lugar a primeira xornada de portas abertas da Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, convidou a toda a cidadanía a participar nesta actividade divulgativa que se celebra no marco da Semana da Administración Aberta, promovida polo Goberno de España e impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto.
O seu obxectivo principal é o de achegar as administracións públicas ao cidadán baseándose nos principios de transparencia, rendición de contas, participación cidadá, integridade pública e colaboración.
Así, as persoas que desexen participar na iniciativa deberán apuntarse antes do venres, día 1 de xullo, a través do teléfono 986 98 90 00 ou do correo electrónico subdelegación.pontevedra@correo.gob.es
Realizaranse dous percorridos divulgativos nos que se darán a coñecer tanto as principais oficinas e salas do edificio da Subdelegación como os servizos que ofrece e as súas competencias. O primeiro terá lugar ás 11.30 horas e o segundo ás 12.30.
Maica Larriba indicou que "esta xornada constitúe unha magnífica oportunidade para que todas e todos os cidadáns coñezan mellor como funcionan as Administracións e se familiaricen cos valores de Goberno aberto". Ao mesmo tempo, subliñou que "tamén se pretende mellorar a visión que a cidadanía ten da Administración explicando os servizos que ofrece, nun exercicio de proximidade e transparencia".
Relacionadas:
-
A Subdelegación do Goberno deu a coñecer o seu traballo nunha xornada de portas abertas
Por Redacción |
-
Alerta polo crecente número de casos de violencia machista entre menores de idade
Por Redacción |
-
As 'ciberestafas', un fenómeno "en auxe" en Pontevedra: creceron máis dun 200% desde 2019
Por Redacción |