As rúas do casco histórico volveron celebrar o fin de curso
Éxito total no regreso da habitual gran festa de fin de curso do centro histórico de Pontevedra. Tras dous anos de parón pola pandemia, había ganas de festa e notouse nas rúas pontevedresas, que se encheron de nenos desexosos de celebrar.
A festa, organizada polo centro comercial urbano CCU Zona Monumental, chegou ás principais prazas do centro histórico e foi especialmente multitudinaria a presenza infantil na praza da Pedreira, onde a tradicional festa da escuma reuniu de decenas de nenos e nenas, animados por un DJ.
Durante a tarde, tamén resultaron un éxito de participación o rocódromo de 8 metros instalado na praza de Curros Enríquez e o touro mecánico e o tobogán inchable da rúa Sierra.
A festa tamén chegou a Méndez Núñez, cunha actividade para pintar caras e unha ludoteca creativa, e a Valentín García Escudeiro, onde se celebrou un taller de repostería creativo, ambos os dous plans máis tranquilos.
Gran festa de fin de cole en Pontevedra
Despois de dous anos de parón pola pandemia da covid-19, o CCU Zona Monumental volveu celebrar coa poboación escolar pontevedresa o fin do curso académico cunha gran festa nas rúas do centro histórico. A celebración chegou a Curros Enríquez, Méndez Núñez, Valentín García Escudeiro, Sierra e a praza da Pedreira
© Mónica Patxot