Sanxenxo recolle en Madrid 12 distintivos Q de Calidade para as súas praias
Por Redacción
O concelleiro de Medio Ambiente de Sanxenxo, Juan Deza, vén de recoller en Madrid as 13 bandeiras da Q de Calidade, outorgadas polo Instituto para a Calidade Turística Española ás Praias (ICTE), que avalan a calidade turística da Lapa, Areas, Areas Gordas, Baltar, Canelas, Caneliñas, Major, Montalvo, Panadeira, Silgar, Foxos e Pragueira, así como do porto deportivo municipal, Juan Carlos I.
O acto celebrouse na Secretaría de Estado de Turismo onde se repartiron os diplomas dos certificados da Q de Calidade na chamada "A noite Q", presidida pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e o presidente de ICTE, Miguel Mirones.
Este recoñecemento certifica aspectos como as condicións hixiénicas das praias e as súas instalacións, o control dos chiringuitos, os servizos de seguridade e primeiros auxilios, a oferta de lecer e a información facilitada aos turistas, entre moitos outros como a accesibilidade.
Sanxenxo suma desde 2014 praias que cumpren cos requisitos esixidos para obter a Q de calidade. De feito, a oficina de Turismo foi a primeira entidade municipal deste tipo en lograr este distintivo.
O obxectivo que se marca o Concello de Sanxenxo para o próximo ano é seguir crecendo en distintivos de calidade. Este verán someterá a auditoría catro novas praias: Area de Agra, O Espiñeiro, Bascuas e Paxariñas.
Relacionadas:
-
A oficina de turismo de Portonovo permanecerá aberta ata finais de outubro
Por Redacción |
-
Galicia, o país dos 43 quilómetros de praias con bandeira azul
Por Alejandro Espiño |
-
Banda do Río, a novidade entre as 112 praias galegas con bandeira azul, 17 delas en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada