Deteñen un mozo pontevedrés que distribuía drogas na cidade, entre elas cocaína rosa
Por Oskar Viéitez
A Policía Nacional e a Policía Local de Pontevedra nunha intervención conxunta desactivaron un punto de distribución de substancias estupefacientes: cocaína, marihuana, cocaína rosa e haxix e detiveron ao responsable como presunto autor dun delito contra a saúde pública, un veciño de Pontevedra, de 24 anos de idade, con antecedentes policiais.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría da Policía Nacional, as investigacións iniciáronse a mediados do mes de decembro tras recibirse informacións no grupo uno da UDYCO (Unidade de Droga e Crime Organizado) da Policía Nacional sobre a localización de distintos puntos de venda polo miúdo nas localidades de Pontevedra e Poio.
A Policía Nacional acordou coa Policía Local de Pontevedra a realización dunha operación conxunta entre ambos os corpos policiais que bautizaron co nome de "Operación Ducados".
A partir de aí inícianse durante estes meses unha serie de vixilancias coordinadas entre ambas as Institucións onde se logra determinar tanto a identidade da persoa que sería a responsable das vendas de diferentes substancias a outras persoas como as localizacións exactas dos puntos negros de venda de estupefaciente, realizándose diversas incautacións de diferente índole: cocaína, haxix, marihuana e cocaína rosa.
Tras a obtención de probas sólidas contra a persoa responsable das vendas, solicitouse ao Xulgado de Instrución de Garda de Pontevedra a pertinente entrada e rexistro no emprazamento investigado.
Unha vez autorizado o rexistro, coordinouse un dispositivo conxunto, onde se produciu a detención do investigado, realizando posteriormente o rexistro autorizado pola Autoridade Xudicial dando como resultado final a aprehensión de 400 gramos de cocaína en diversos formatos, roca e po; 1 Kg. de haxix, 10 gramos de marihuana, 1.800 gramos de substancia de corte para adulterar a cocaína, unha pistola de fogueo, 60 cartuchos de fogueo 5 básculas de precisión, material móbil e informático.
Chamou a atención dos axentes que durante o rexistro incautáronse de 50 gramos de cocaína rosa, droga sintética que causa efectos alucinógenos e é altamente adictiva e tóxica para o organismo.
Relacionadas:
-
Interceptan tres veciños do Grove nun control de estrada con 155 doses de heroína
Por Redacción |
-
Un vilagarcián, entre os 12 detidos dunha organización dedicada ao tráfico de armas e munición por toda España
Por Redacción |
-
Prisión para os dous últimos detidos en Arousa en relación cunha planadora localizada en Vilaboa
Por Natalia Puga |
-
Operativo antidroga en Vilanova e A Illa de Arousa relacionado cunha planeadora atopada en Vilaboa
Por Natalia Puga |
-
A Policía Nacional erradica varios puntos negros de venda de droga en Vilagarcía
Por Redacción |