Recuperan en Poio un ciclomotor roubado a un veciño de Madrid
Por Redacción
A Policía Local de Poio recuperou unha motocicleta que figuaraba como roubada, tras localizala na zona de San Salvador.
En concreto os axentes localizaron o pasado 18 de xuño o vehículo estacionado fronte a un inmoble en perfecto estado para circular.
Ao comprobar que figuraba como subtraída, a moto foi trasladada ao depósito municipal ata localizar ao seu propietario.
Tras as indagacións pertinentes os axentes comprobaron que o titular da motocicleta reside en Madrid, que foi onde se interpuxo a denuncia por roubo xunto a outros obxectos que botados en falta.
Posteriormente a Policía Local identificou dúas persoas implicadas no presunto roubo, á vez que continúa coa investigación para tratar de esclarecer o sucedido e entregar o vehículo ao seu lexítimo propietario.