Sae a poxa unha parcela urbanizable nas inmediacións do parque Amalia Álvarez
Por Alejandro Espiño
Un total de 147 metros cadrados ten a parcela de titularidade municipal, completamente urbanizable, que o Concello decidiu poxar ao mellor ofertante. Está na unidade de actuación 18, nas inmediacións do parque Amalia Álvarez.
Sairá a poxa cun limiar mínimo de 420.641,22 euros, un prezo ao que haberá que sumar o IVE, segundo anunciou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías.
A superficie total edificable de esta parcela é duns 1.035 metros cadrados.
Cando o proceso salga publicado no boletín oficial da provincia, os interesados terán un prazo de 30 días hábiles para presentar as súas ofertas.
A parcela adxudicarase a quen oferte máis diñeiro por ela, sempre que se pase ese nivel mínimo.
O proposto para a adxudicación deberá presentar unha garantía provisional do 5%, uns 21.000 euros aproximadamente, como reserva dos terreos.