A Festa do Mar reúne en San Adrián a más de 2.000 persoas e reparte 1.272 racións
Por Redacción
O goberno local do Concello de Vilaboa expresou a súa satisfacción polo respaldo social amosado á primeira Festa do Mar, con máis de 2.000 persoas que participaron durante a fin de semana nos diferentes actos organizados no porto de San Adrián de Cobres para homenaxear a este sector.
Durante as dúas xornadas despacháronse 1.272 racións (383 de mexillón, 570 de choco e 289 de ameixa) facendo que nalgún turno os restaurantes quedaran sen suministro tendo que volver a encender os fogóns para cociñar pratos que tiveron moita demanda tanto ao mediodía como á noite. A facturación da venta das tapas superou os 6.000 euros.
No concurso de catas, o premio ao Mellor Sabor foi para A Garboa; o premio á Mellor Presentación levouno Restaurante Mauro e o premio á Innovación para A Casa de Rosa da Mazaroca.
Na parte cultural, un dos momentos máis concurridos da fin de semana foi o concerto protagonizado pola Escola de Música de Vilaboa para celebrar o seu décimo aniversario.
Cargado de emotividade e unha sensación colectiva de "orgullo da nosa música", a actuación arrincou sonoros aplausos e os asistentes disfrutaron dunha velada da man dos profesionais da Banda de Música de Vilaboa xunto a Paco Lodeiro, Rosa Cedrón, e Miguel Ladrón.
Terapia de Grupo e o grupo de gaitas "Aires de Cobres", cada un no seu estilo, convenceron ao público asistente. O grupo folclórico local ofreceu un pasarrúas pola mañán e unha actuación a mediodía para amenizar o xantar.
O programa incluía un obradoiro de esmaltado ao lume impartido por Pilar Blanco. As dez prazas ofertadas cubrironse en tan so tres horas e o Concello habilitou un segundo obradoiro que tamén se completou. Pilar Blanco elaborou unhas pezas con metais e cunchas marinas a propósito para a Festa do Mar.
A Festa contou tamén cun Punto Violeta ao que se achegou, sobre todo o sábado pola noite, moita mocidade en busca de información.
E outra das propostas moi concurridas foi a exposición do GALP, con imaxes antigas de persoas vencelladas ao sector do mar; as fotografías reactivaron recordos das persoas con máis idade de Vilaboa, que recoñeceron a veciños e identificaron os cambios na contorna.
A concelleira de Promoción Económica, Carmen Gallego, agradece a resposta da cidadanía a unha Festa que pon en valor o produto extraído das augas de Vilaboa por mariscadoras e bateeiros, un sector que padeceu de xeito especial as consecuencias da crise sanitaria do Covid 19.
Agora o goberno local comeza xa traballar na Festa do Viño, que terá lugar a finais do mes de xullo en Riomaior.
Relacionadas:
-
Sete viticultores locais e cinco adegas do Morrazo participarán na Festa do Viño de Vilaboa
Por Redacción |
-
O Concello de Poio solicita ao de Vilaboa o cambio de nome da súa 'Festa do mar'
Por Redacción |
-
Unha gran carpa garantizará a celebración da Festa do Mar
Por Redacción |
-
A Escola de Música de Vilaboa ofrecerá un concerto no porto de San Adrián o 25 de xuño
Por Redacción |
-
San Adrián celebrará a súa primeira Festa do Mar na última fin de semana de xuño
Por Redacción |