A andaina "Ruta dos tres castros" recadará fondos para á Asociación de axuda a nenos oncolóxicos
Por Redacción
O Concello de Cuntis colabora co Club de Montaña Xesteiras na organización da IX Andaina Vila de Cuntis, denominada este ano "Ruta dos tres castros", unha proba valedeira para a Liga Nacional de Senderismo da Federación Española de Montaña.
A proba, para a que o prazo de inscripción se manterá aberto ata o día 7 a través da web www.galitiming.com, terá lugar o vindeiro 10 de xullo, con saída ás 9 da mañá.
A proba conta con dúas alternativas: unha longa de 22 kilómetros que percorre os castros de Castrolandín, Arcos e Sebil e outra máis curta de 17 kilómetros, que recorrerá só os dous primeiros.
Dende a organización animan a participar xa que é unha andaina de dificultade baixa e apta para todas as idades, cun desnivel positivo de 999 metros na primeira opción e de 570 na segunda.
Manuel Campos, alcalde de Cuntis, anima aos afeccionados ao sendeirismo a inscribirse nesta ruta debido á beleza natural dos paraxes polos que descorre, con espectaculares vistas dende o alto dos castros polos que pasa, de camiños antigos recuperados, das fervenzas das Campaíñas e do Hervedo, da antiga fábrica da luz, carballeiras, soutos e infinidade de recunchos que irán sorprendendo aos participantes ao longo do percorrido.
A organización ten previstos tres avituallamentos para a andaina longa e dous para a curta, e para o remate final teñen prevista a degustación dun prato típico da gastronomía galega: un prato de callos.
A saída e chegada desta Andaina será desde o Parque de Maráns, co Monumento ó Sagrado Corazón, xa que como é habitual esta actividade ten unha finalidade benéfica.
Este ano a recadación irá destinada á Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia (Asanog), polo que a organización pon a disposición de quenes queiran colaborar, sen participar na andaina, a posibilidade de facelo a través da fila cero, na mesma páxina de inscricións.