Presentan a programación da Festa do Carneiro ao Espeto
Por Oskar Viéitez
O Concello de Moraña presentou este mércores a programación da LIII Festa do Carneiro ao Espeto, festa de interese turístico galego que se celebrará do 10 ao 31 de xullo.
O cartel con toda a programación foi presentado polo alcalde, José Cela, e as concelleiras Norma Caldas e María José García Sueiro.
Miramar, Marbella, Andy y Lucas, José de Rico, Fiesta Kioto, Euro Abba, Milladoiro e París de Noia son os nomes máis atractivos desta edición do Carneiro, que se celebra despois de dous anos de parón pola pandemia.
Pero non son ás únicas actividades que hai programadas. Desde o 10 de xullo o Concello preparou unha intensa programación chea de ocio, desfrute, cultura e tradición.
O sábado 10 de xullo ás 20.00 horas, haberá un Certame de corais. No Multiusos actuará o Coro Martín Códax da Casa de Galicia de Córdoba e a Coral Voces Amigas de Moraña.
O seguinte sábado, o 16 de xullo, ás 19.00 horas está previsto un showcooking na Carballeira de Santa Lucía, o chef Miguel Mosteiro de Gastrolab Arousa fará unha demostración culinaria de dous pratos a base de carneiro, para un máximo de 30 persoas. Para participar, é obrigatorio inscribirse previamente na Casa da Cultura.
E ás 21.00 horas. Terá lugar o 'Espétalle un pincho' na Carballeira de Santa Lucía. Poderase degustar as distintas formas de preparar un carneiro que ofrecerán os bares e restaurantes participantes. A velada estará amenizada por Pablo Balseiro e os Cascarillas.
Para o domingo, 17 de xullo, ás 09.00 horas, comezará o 'BTT Carneiro ao espeto'. Sairá da explanada ao carón do Multiusos, a I BTT Carneiro ó Espeto, que percorrerá varias parroquias do Concello. Organizada pola Asociación Cultural Romería de Santa Xusta de Moraña.
Xa o xoves, 21 de xullo, ás 12.00 horas haberá un contacontos a cargo de 'Polo Correo do Vento' que representará no Multiusos a obra "De Valdeorras a México". E ás 16.30 horas comeza a Festa acuática na Piscina Municipal con actividades coas que gozar dunha divertida tarde.
Para o venres, 22 de xullo, está previsto ás 16.00 horas o Torneo Interparroquial de Fútbol no Campo de O Buelo, organizado pola Asociación Cultural Romería de Santa Xusta de Moraña e o Moraña CF. O torneo desputarase durante a fin de semana, sendo a final o domingo 24 ás 19.00 horas.
Para o sábado, 23 de xullo, ás 21.30 horas o 'Agnus Summer Fest' na explanada ao carón do Multiusos, actuarán diversos DJ autonómicos e nacionais. Organizado pola Asociación Cultural Romería de Santa Xusta de Moraña.
O domingo, 24 de xullo, a partir das 10.30 horas darase a saída á VIII Carreira Carneiro ao espeto, unha actividade financiada pola Deputación de Pontevedra, con cargo ao Plan Concellos 2022 e que está organizada polos clubes Atletismo +9 de Moraña e Moraña en Ruta. A saída será na Rúa 5 de Santa Lucía, percorrendo varias rúas do casco urbano e arredores. Haberá agasallos para os participantes e trofeos para os tres primeiros de cada categoría.
Ás 21.30 horas actuará no Multiusos, a compañía Malasombra Teatro representará a comedia "De algo hai que morrer".
Xa o martes, 26 de xullo, ás 17.30 horas serán os Xogos multiaventura na zona deportiva da Rúa 7 con actividades como inchables, lasertag, futbolín humano e toro mecánico para todos os que queiran participar. E ás 20.00 horas chega a Noite de videoxogos no Multiusos, a partir de 12 anos, cunha gran variedade das últimas novidades de Play Station 5 e Nintendo Switch para xogar individualmente ou en grupo. As prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse de antemán na Casa de
Cultura.
O mércores, 27 de xullo, ás 22.30 horas, Cinema na rúa. Na explanada do Multiusos, proxectarase a divertida comedia familiar dirixida e protagonizada por Santiago Segura, "Padre no hay más que uno 2: La llegada de la suegra".
O xoves, 28 de xullo, ás 20.00 horas, haberá Festa infantil no patio traseiro da Casa de Cultura, cunha tarde divertida co DJ Javi Solla, ademais de cócteles saudables. É ás 23.00 horas chega a Festa holi, tamén no patio traseiro da Casa de Cultura. Será unha festa de cores destinada á xuventude de 12 a 17 anos con música con DJ e cócteles sen alcohol. Ás prazas son limitadas, así que é preciso inscribirse previamente na Biblioteca.
Para o venres, 29 de xullo, ás 19.00 horas está programado o 'Espectáculo Novo Circo' da compañía SU.MA que realizará o seu espectáculo Ikigal, un número familiar de danza-circo cunha montaxe que lles valeu o Premio do Público no Festaclown 2020. Será no patio traseiro da Casa de Cultura. E ás 20.30 horas será a inauguración da exposición "30 anos da asociación de
O sábado, 30 de xullo, ás 11.00 horas será a Festa da bicicleta na Carballeira de Santa Lucía coma lugar de encontro de todas as persoas, grandes e pequenas, que queiran dar un paseo en bicicleta. Primeiro, percorrerán as rúas do núcleo urbano acompañados da Banda de Música Nova Lira de Moraña, para logo visitar distintos lugares do concello. Haberá camisetas para todos os que participen e sortearán agasallos.
Este día, ás 23.00 horas, será a Gran Gala Carneiro ao espeto coas actuacións de Euro ABBA, Andy y Lucas, José de Rico e Fiesta Kioto.
Xa o domingo, 31 de xullo, comeza a xornada ás 11.00 horas coa animación de rúa a cargo da Charanga Os Encerellados. Ás 14.00 horas será a asignación de lotes e ás 14.30 horas comeza o 'Extraordinario xantar do carneiro ao espeto'. cunha sobremesa amenizada pola Charanga Os Encerellados.
Ás 20.00 horas actuará Milladoiro para rematar as festas ás 22.30 horas coa verbena de París de Noia.