Adxudican a Covsa a ampliación das beirarrúas na PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por preto de 205.000 euros a execución das obras de acondicionamento das beirarrúas na estrada autonómica PO-504, ao seu paso polo concello de Sanxenxo.
Os traballos, adxudicados á empresa Construcións Obras e Viais, S.A. (Covsa), teñen como obxectivo a mellora da accesibilidade peonil e a seguridade viaria ao longo desta vía autonómica, entre os puntos quilométricos 0+680 e 4+450.
A Xunta prevé iniciar as obras no mes de setembro, unha vez superado o momento da afluencia de visitantes máis alta. Os traballos contan cun prazo de execución de 6 meses.
Levarase a cabo a ampliación da beirarrúa existente, onde esta non dispoña de anchura suficiente, e habilitaranse novos treitos de beirarrúa onde non existan. Tamén se inclúe neste contrato a renovación de baldosas deterioradas na beirarrúa actual na marxe esquerda, a elevación da cota de beirarrúa, a reordenación do aparcadoiro na marxe esquerda ou a instalación de vallas de protección de contedores.
Ademais executaranse novos sumidoiros, procederase á reubicación de semáforos e iluminación, instalación de vallas de protección, repintado e creación dun novo paso de peóns no punto quilométrico 1+230.
Esta actuación complementa a mellora de seguridade viaria na estrada PO-504, entre Sanxenxo e Vilalonga, que suporán un investimento autonómico de 970.000 euros.
Relacionadas:
-
Rematan as obras de acondicionamento das beirarrúas na estrada PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez sitúa na primavera o remate da obra das beirarrúas na estrada Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |
-
Comezan as obras de acondicionamento das beirarrúas na PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Portonovo contará con máis prazas de aparcamento disuasorio gratuíto este verán
Por Redacción |
-
Convocan os propietarios afectados polas obras na PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |
-
Setembro será o mes de inicio das obras na PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |