Portonovo contará con máis prazas de aparcamento disuasorio gratuíto este verán
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo logrou un acordo cos propietarios de dúas parcelas anexas que permitirán ampliar o aparcadoiro da Xunqueira, próximo ao mercado de abastos, en 85 novas prazas alcanzando unha cifra total de 205.
Así mesmo, está dispoñible para aparcar de forma gratuíta a zona do varadero con capacidade para 80 prazas.
O goberno local renovou o convenio con Portos de Galicia para que a zona portuaria de Portonovo se abra ao público. A confraría alixeirou os traballos para facer posible a liberación do espazo desde o pasado venres 1 de xullo.
A proposta de aparcadoiros para veciños e visitantes inclúe en Portonovo o aparcamento da Perla, con capacidade para máis de 200 coches. A este recinto hai que sumar as 250 prazas máis que sitúanse na contorna da piscina de Baltar e os campos de fútbol.
Portonovo contará este verán tamén cunha ampla bolsa de aparcamento nunha parcela, situada na marxe dereita da estrada na rotonda de entrada á vila, con capacidade para 500 vehículos. O espazo estará xestionado polo Portonovo SD que chegou a un acordo cos propietarios, pero quedarán libres sobre 40 prazas que se reservarán sen custo algún para traballadores do centro da vila mariñeira.