O PP afirma que o Concello ignorou os informes da Policía Local que desaconsellaban incrementar o tráfico en Manuel del Palacio
Por Redacción
O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra, Pablo Fernández, fixo público este martes un informe da Policía local do pasado mes de novembro no que advertía de que un aumento do tráfico nas rúas Manuel do Palacio e Palamios "poderían comprometer os accesos e saídas da zona sur-oeste e bloquear o anel perimetral da ría".
Pablo Fernández criticou que "a pesar da advertencia, o Goberno local provocou un aumento no número de coches que circulan pola zona, en contra do que aconsellaba o propio corpo de seguridade".
O PP sinalou que tras modificar o sentido das rúas Ribeira dos Peiraos e Ribeira dos Gafos, o Concello "conseguiu meter máis tráfico nesta rúa" xa que co novo sentido da circulación, os condutores que transitan por orillamar teñen que ir ata Manuel do Palacio para acceder á zona de Campolongo por Palamios. "É unha formulación errónea que conseguiu o que advertía a Policía local: colapsar a zona", afirma o concelleiro do PP.
A orixe do problema, para Fernández, segue sendo o "peche caprichoso dunha arterial fundamental á cidade como é Raiña Vitoria". Cabe lembrar, que o PP xa se comprometeu ante notario á reapertura da vía se chega á Alcaldía, así como á realización dun estudo independente que mellore o tráfico na cidade.