A CIG súmase á campaña contra o peche de unidades de infantil no CEIP A Xunqueira 2
Por Redacción
O sindicato CIG-Ensino esixe á Consellería de Educación que dea marcha atrás no súa intención de supresión dunha unidade de Educación Infantil no CEIP A Xunqueira 2 de Pontevedra.
"Esa anunciada supresión significaría unha merma importante para a calidade do ensino que recibe o alumnado dese centro", denuncian. O alumnado afectado rematou o curso divididos en dous aulas, pero iniciarían o novo nunha soa clase de 25 estudantes.
Unha situación que se agrava aínda máis porque no mesmo espazo "habería alumnado con necesidades educativas especiais, que non podería contar coa atención individualizada que precisa", alertan desde a CIG.
"Estamos diante de unha nova actuación da Consellería de Educación que en vez de fomentar a calidade no ensino público o que fai é torpedealo baixo excusas legalistas que non se sosteñen e que agachan a verdadeira intención, que non é outra que a aposta da Xunta de Galiza polo fomento do ensino privado", rematan o seu comunicado.