VIPS mostra o seu apoio á alcaldesa de Sanxenxo trala súa imputación por irregularidades urbanísticas
Por Oskar Viéitez
O pacto de goberno de Sanxenxo non corre ningún perigo e continúa alleo á polémica imputación da alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González (PP), segundo asegura o socio de Goberno, e segundo tenente de alcalde, José Luis Rodriguez (VIPS).
O voceiro e único concelleiro de Veciños Independentes por Sanxenxo achegouse este luns ao Salón de Plenos no que a alcaldesa acababa de ofrecer unha rolda de prensa na que repetiu que "en Sanxenxo no hay corrupción urbanística".
José Luis Rodríguez mostrou o seu respaldo aos seus socios no goberno local imputados por prevaricación, suborno e trato de favor pola construción de vivendas en Dorrón, Bascuas e na rúa Progreso.
"Yo puedo asegurar que no hay una licencia concedida si no tiene los informes a favor de todos los técnicos, otra cosa es que los técnicos tuviesen que informar a favor o en contra, yo ahí ya no soy técnico, ni soy abogado, yo soy un simple trabajador", dixo Rodríguez. "Quien soy yo para denegar una licencia", dixo o político independente, "porque si la deniego con todos los informes favorables prevarico, por lo tanto no entiendo como está imputada, no lo entiendo", insistiu o voceiro de VIPS.
José Luis Rodríguez desmárcase completamente dos voceiros do BNG e PSOE de Sanxenxo, David Otero e Dulcinea Aguín, que reclamaron a dimisión da alcaldesa ao entender que a súa condición de imputada a priva de exercer a presidencia da corporación.
Neste sentido José Luis Rodríguez apunta que "yo formo parte de la Gerencia de Urbanismo, y sería de locos dar una licencia con un informe en contra", polo que insiste respecto a esta denuncia en que "no hay nada, esto se suele decir en todos los casos. En toda España cuando imputan a alguien él es el más limpio, el más no se qué bueno, pues paciencia, pero yo estoy convencido de que no merece ningún político, ninguno estar imputado en estos casos".
E concluíu poñendo a man no lume pola súa socia de goberno, "puedo asegurar que las licencias fueron dadas con todos los informes técnicos favorables".
Relacionadas:
-
A oposición lamenta que a imputación da alcaldesa "ensucie" a imaxe de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Catalina González: "Si alguien piensa que va a quitar a esta alcaldesa por la puerta de atrás, que sepa que ha pinchado en hueso"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Encarnación Rivas, Secretaria xeral de Urbanismo, tamén imputada polas investigacións urbanísticas en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Xulgado cita a declarar a técnicos e políticos relacionados coa xestión urbanística de Sanxenxo
Por Redacción | Creada e actualizada